Espazos Sonoros


"As interferencias entre os sons e a arquitectura ocuparon sempre un lugar preferente na imaxinación do home. A idea da xeometría, das proporcións, das relacións numéricas, da repetición de elementos e secuencias están tan presentes na arquitectura como na música ao longo da Historia.

A música e a arquitectura son artes que permiten crear espazos, reais ou imaxinarios nos que o home pode desenvolver a súa existencia. Se importante é a música tamén o é o espazo que a reviste o que nos devolve os sons transformados a través das arestas das bóvedas, do tacto da pedra e da madeira das vigas e da historia dos lenzos. Nesta idea da conexión entre a música e as arquitecturas, o ciclo, baixo o nome de Espazos Sonoros, nace coa intención de vencellar dous aspectos fundamentais. Por unha parte, a creación dunha marca para a presentación de programacións estables de música clásica e outros estilos de música contemporánea e experimental. Por outra, a posta en valor dunha parte do noso patrimonio histórico, mediante a celebración destes concertos en espazos de interese desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural..." Texto de presentación del ciclo Espazos Sonoros. Visitad su web para informaros sobre las fechas, lugares de actuación y artistas; desde luego se trata de una iniciativa muy interesante, que además es totalmente gratuita.

Lo que suena es Huun Huur Tu, uno de los grupos participantes más espectaculares.

No hay comentarios: